O Concello destina máis de 1,5 millóns para conceder 5.000 bolsas de libros e comedor escolar
Así o avanzou este mércores o alcalde nunha visita ao CEIP San Salvador de Teis por mor do inicio do curso en Infantil e Primaria. O goberno local adica máis de 1,5 millóns de euros a bolsas educativas, que inclúe os 178.000 euros do recorte da Xunta de Galicia nas axudas a comedor.
A falta dos datos definitivos, Abel Caballero adiantou hoxe mércores que o Concello de Vigo concederá en torno a 5.000 bolsas para libros e comedor escolar. Para facer fronte á demanda, o goberno de Vigo adica no orzamento de 2013 máis de 1,5 millóns de euros para este tipo de achegas e apoio á educación, cantidade que asume o recorte de 178.000 euros imposto pola Xunta de Galicia nas bolsas de comedor en Vigo.
A administración local rexistra un "notable incremento da demanda de comedor", asegurou Caballero, máis solicitudes que conlevarán que o Concello incremente a partida económica no orzamento de 2014 para que ningún alumno e alumna que cumpra os requisitos económicos quede sen achega para comedor, tal e como comprometeu o rexedor.
O alcalde avanzou estas cifras durante unha visita realizada esta mañá ao CEIP San Salvador de Teis, por mor do comezo do curso do alumnado de Infantil (de 3 a 6 anos) e Primaria (de 6 a 12). 24.221 alumnos inician hoxe un novo exercizo escolar, dos que 7.907 cursan Infantil e 16.364, Primaria.
Este centro, "emblemático e de gran tradición", en verbas de Caballero, educa a 180 alumnos e recibiu investimentos do Concello para un novo comedor, habilitado o pasado ano, con cabida para 70 persoas, das que case a metade contan cunha bolsa do Concello. Ademais, o goberno de Vigo cambiou o portón de entrada e, de cara ao próximo ano, prevé unha "importante" reforma nos accesos, coa sinalización dunha rotonda que mellore a seguridade na chegada dos escolares ao colexio.
Abel Caballero tamén recordou que o goberno que preside inviste este ano máis dun millón de euros en melloras na práctica totalidade dos centros educativos de Vigo, unha cifra que case duplica os 600.000 euros gastados polo goberno autonómico na cidade, administración que ten a competencia en Educación.
Descargar todas as imaxes