O Concello buscará vías para apoiar a Jorge Casales, o vigués campión do mundo junior de trial
O alcalde de Vigo e o concelleiro de Deportes recibiron este martes na Alcaldía ao campión do mundo de trial junior, aos seus 18 anos, o máis novo da historia en conseguilo. Caballero indicou que o goberno local estudará a forma de cooperar co vigués.
Abel Caballero eloxiou a "capacidade competitiva excepcional" e a "humildade" de Jorge Casales, vigués de 18 anos campión do mundo junior de trial, o máis novo da historia en conseguilo.
O alcalde recordou que Casales obtivo unha bolsa da Fundación VIDE nos anos 2009 e 2011 e apuntou que o goberno de Vigo buscará vías para cooperar con él. Caballero trasladoulle a felicitación e apoio da cidade na súa traxectoria deportiva.
Descargar todas as imaxes