Escoitar

O Pleno acorda ubicar "Sereos" nun local permanente e co consenso de partidos e colectivos

Os tres grupos políticos con representación municipal aprobaron hoxe luns por unanimidad dotar a este programa municipal para persoas en exclusión social dun local permanente no prazo dun mes, consensuado entre os partidos e os colectivos afectados.

luns, 9 set 2013
A moción presentada polo PP ante o Pleno, despois de diversas enmendas presentadas, saiu adiante coa unanimidade dos concelleiros e concelleiras da Corporación Municipal.

Inicialmente, o texto do Partido Popular solicitaba a reapertura de "Sereos" no local de Elduayen, onde se deixou de prestar desde agosto para facelo nunha unidade móbil en Jacinto Benavente. Tras sendas enmendas presentadas, e pese as diferencias nos planteamentos, a unanimidade do Pleno acordou que este programa conte, no prazo dun mes, cun local permanente, froito do diálogo e do consenso entre os partidos políticos e os colectivos afectados.