Escoitar

Caballero eloxia o centro móbil de Thyssenkrupp, onde forman a efectivos de seguridade en rescates en ascensores

O alcalde de Vigo visitou este venres o camión que a compañía ten instalado na Porta do Sol, un centro móbil onde realizan nove actividades formativas sobre rescates a persoas en ascensores a 135 efectivos da Policía Local, Bombeiros e Protección Civil.

venres, 6 set 2013
1378472267ascensores.JPG
Abel Caballero acudiu este venres á Porta do Sol para coñecer de primeira man o centro móbil de formación da compañía Thyssenkrupp, unha sede que chega a Vigo na súa primeira parada en Galicia para sensibilizar e concienciar, durante cinco días, a cidadáns e institucións sobre a importancia da accesibilidade e mobilidade, tanto en espazos públicos como privados, achegando unha visión sostible e comprometida da tecnoloxía.

Os que visiten a unidade poderán observar os diferentes elevadores e manobras de salvamento nas súas aulas móbiles, os medios para poder incrementar a eficiencia nos rescates. Neste sentido, durante a súa estadía en Vigo se realizarán nove actividades formativas sobre rescates de persoas en ascensores para un total de 135 efectivos da Policía Local, Bombeiros e Protección Civil.

O Centro Móbil está dotado da máis alta tecnoloxía, instalado nun camión tráiler cunha superficie aproximada de 90 m² repartidos en dúas plantas. Neste se amosa a experiencia "Up" que achega ao usuario a unha visión da tecnoloxía e a mobilidade cunha perspectiva responsable, sostible e de servizo. O camión recolle reproducións virtuais de produtos innovadores e simuladores para formación e prácticas.

A nivel técnico, a unidade da empresa na Porta do Sol conta con petacas extensibles, separando os espazos en dúas plantas; aula multiúsos con equipamento de última tecnoloxía; sala expositiva de 90 m², con pantallas interactivas e tablets para reprodución de contidos; placas fotovoltaicas e plataforma de discapacitados.
Descargar todas as imaxes