O Concello cede as instalacións deportivas das Travesas para o IV Torneo Día da Policía
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o Comisario Principal Xefe da Comisaría Local do corpo nacional de Policía en Vigo, Ángel González Blanco, rubricaron este venres o convenio polo que a administración local cede as instalacións municipais das Travesas para o desenvolvemento da cuarta edición deste torneo.
As instalacións deportivas municipais das Travesas acollerán durante o mes de setembro a cuarta edición do Torneo Día da Policía organizado pola comisaría de Vigo da Policía Nacional. En virtude do acordo asinado hoxe entre Caballero e González Blanco, o goberno de Vigo cede toda a infraestrutura necesaria para a realización do evento: instalacións, megafonía, electricidade, marcadores...
Descargar todas as imaxes