Escoitar

Orden do día da Xunta de Goberno Local

xoves, 5 set 2013
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 6 DE SETEMBRO DE 2013.


1.- Acta da sesión ordinaria do 23 de agosto de 2013.

BENESTAR SOCIAL
2.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar: alta exptes. 3/1166, 24/1717, 21/087, 21/777, 6/281.

3.- Rectificación acordo X.Goberno local do 19.07.13 sobre prestación do Servizo de Axuda no Fogar: alta expte. 12/2194.

DEPORTES
4.- Proposta de autorización a D. Manuel Iglesias Saínza para organizar a "Marcha cicloturista á Parroquia de Beade" o vindeiro día 8 de setembro. Expte. 12371/333.

5.- Proposta de autorización á Federación Galega de Ciclismo para organizar a primeira etapa da XII Edición da Volta Ciclista a Galicia, o día 13 de setembro. Expte. 12367/333.

6.- Proposta de autorización a D. Ricardo Martínez Abril para organizar o "I Triatlon desafío Illas Cíes" o 15 de setembro. Expte. 11793/333.

FOMENTO
7.- Dar conta da tramitación do expediente "Sistema de recloración en liña en Sardoma". Expte. 1999/440.

8.- Devolución de aval a favor de Gas Natural Distribución SDG, S.A. por obras de canalización en Avda. Clara Campoamor. Expte. 69227/250.

IGUALDADE
9.- Segunda Addenda ao Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Igualdade e o Concello de Vigo para a asistencia social integral ás mulleres inmigrantes a través dun servizo de teletraducción. Expte. 5241/224.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
10.- Indemnización substitutiva por importe de 8.198,29 € a favor de IMESAPI S.A. pola prestación do Servizo de Conserxería e atención ao público nos Centros Cívicos- maio 2013. Expte. 2878/321.


RECURSOS HUMANOS
11.- Execución títulos xudiciais 167/2013, do Xulgado do Social nº 5, no procedemento 522/2010, seguido a instancia de Da. Nancy C. Rodríguez Padrón e Da. Susana Ma. Davila Barba. Expte. 24344/220.

12.- Execución títulos xudiciais 102/2013, do Xulgado do Social nº 3, no procedemento 1147/2009 en materia de recoñecemento de dereito e cantidades interposto por Da. Alejandra M. Sousa Fernández e outras. Expte. 24346/220.

13.- Execución da Sentenza 161/2013, do 13 de xuño, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº1 de Vigo, no RCA (p.o.) nº 143/2010-1 interposto por Dª. Aurea Soto Lago. Expte. 24364/220.

14.- Nomeamento interino por acumulación de tarefas dun/dunha auxiliar de administración xeral, baixo a modalidade prevista no art. 10.10d) da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP), por un período de seis meses. Expte. 24257/220.

15.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal do Servizo de Cemiterios por exceso de xornada anual correspondente ao mes de xullo de 2013. Expte. 24331/220.

16- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal municipal correspondente aos meses de marzo e xullo 2013. Expte. 24333/220.

17.- Bases reitoras do Fondo Social para a tramitación de fins culturais e deportivos (art. 34 do vixente acordo regulador das condicións económicas e sociais dos traballadores ao servizo do Concello de Vigo). Expte.24239/220.

18.- Domingos, festivos e nocturnidade do persoal dos distintos servizos, correspondente ao mes de xuño de 2013. Expte. 24332/220.

19.- Gastos de locomoción do persoal municipal correspondente aos meses de abril e xullo 2013. Expte. 24361/220.

20.- Dar conta de resolucións do Concelleiro-delegado de Xestión Municipal:

a) Resolución de data 26/08/2013, de traslado do funcionario D. Jesús Otero Quesado. Expte. 23425/220.
b) Resolución de data 14/08/2013 de concesión de permiso non retribuído ao funcionario D. Vicente Alonso Covelo. Expte. 24359/220.
SECRETARÍA XERAL
21.- Escrito da sociedade concesionaria do Auditorio "Mar de Vigo" solicitando o reequilibrio económico do contrato – Proposta desestimatoria da solicitude. Expte. 1367/110.

TURISMO
22.- Expediente de contratación do servizo de campaña de promoción turística de Vigo en catro destinos xeográficos con conectividade ou proximidade. Expte. 4867/104.

23.- Expediente de contratación do servizo de execución dunha campaña de promoción online de Vigo como destino turístico por procedemento negociado con publicidade. Expte. 4865/104.

URBANISMO
24.- Proxecto de "Modificación puntual nº 8 do PXOM, clasificación da parcela nº 1 U.A. Moledo e Sector S-26-R Pescadeira (Sárdoma). Expte. 13717/411.

25.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 6 de setembro de 2013, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 5 de setembro de 2013.
me.
O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Isaura Abelairas Rodríguez.