O Concello incorpora o préstamo dixital na biblioteca Neira Vilas, pioneiro en Galicia
O edil accidental de Cultura, Carlos Font, presentou este mércores o préstamo dixital na Xosé Neira Vilas, a primeira biblioteca galega que conta con este servizo e o segundo municipio en España tras Pozuelo. Desde a plataforma eBookVigo, os usuarios pódense descargar 200 títulos, cifra que se irá incrementando.
O Concello de Vigo vén de incorporar na biblioteca pública municipal Xosé Neira Vilas o servizo de préstamo dixital, unha nova plataforma tecnolóxica que pon á disposición dos usuarios un fondo inicial composto por 200 títulos en soporte electrónico.
O concelleiro accidental de Cultura, Carlos Font, e o coordinador dos servizos bibliotecarios da Neira Vilas, Anxo Alberte, presentaron este mércores esta novidosa oferta, única en Galicia e en España, coa excepción do municipio de Pozuelo. A plataforma eBookVigo nace coa idea de contribuír á expansión do libro electrónico, popularizándoo entre as e os lectores e fomentando esta nova forma de acceso á cultura.
Este servizo permítelles ás e aos socios da biblioteca municipal tomar en préstamo as principais novidades editoriais en formato ebook para a súa lectura en diferentes dispositivos, como tablets, smartphones, ordenadores persoais ou eReaders.
eBookVigo estréase cun fondo inicial de 200 títulos seleccionados entre as principais novidades editoriais en formato epub, tanto en castelán coma en galego. Esta cifra irase incrementando con novas seleccións e procurando atender ás peticións das usuarias e usuarios.
O usuario atoparase nesta plataforma unha sección de libros recomendados e últimas novidades xunto a un menú coas principais categorías do catálogo. Unha vez decidido o título dispoñible, o/a usuario/a rexistrado/a poderá tomalo en préstamo por un máximo de 21 días. Tamén é posible o préstamo de dous libros á vez, a reserva dun libro que estea xa emprestado ou a renovación dos préstamos, seguindo algunhas normas como a realización da renovación nos últimos tres días do préstamo sempre que non estea o libro reservado por outra persoa usuaria.
Para inscribirse en eBookVigo cómpre estar rexistrado/a na Biblioteca Pública Municipal "Xosé Neira Vilas", ser maior de 16 anos, contar cun dispositivo compatible, cunha conta de correo electrónico e complementar a inscrición de eBookVigo na biblioteca coa súa tarxeta de lector.
Na páxina www.ebookvigo.org pódese atopar toda a información e a axuda precisa para coñecer esta nova plataforma cultural e acceder ao préstamo dos ebook, independentemente do soporte empregado.
Descargar todas as imaxes