Escoitar

O alcalde anuncia a contratación de dúas campañas de promoción turística da cidade

A Xunta de Goberno Local deu este venres luz verde á campaña de promoción en destinos de proximidade e con conectividade e a unha segunda on line para potenciar a imaxe de Vigo nos principais buscadores, canais e portais turísticos. O Concello adica 283.000 euros ao efecto.

venres, 6 set 2013
Segundo informou Caballero, a campaña de promoción turística en destinos de proximidade ou con conectividade forma parte do Plan de Competitivudade e terá lugar en Oporto, París, Barcelona, Madrid, Bilbao, Valladolid, Zamora e Leon, cun investimento de 206.000 euros, cidades onde existe un mercado de potencial turístico.

A segunda proposta turística contratada esta mañá polo goberno local se desenvolverá en medios on line, portais e buscadores, ademais das web dos principais medios da prensa nacional. Tamén en touropeadores e axencias de viaxes on line, centrais de reservas turísticas e sitios especializados en turismo. O orzamento municipal para este segunda ascende a 77.000 euros.