Caballero avoga pola sostenibilidade na apertura da VI Conferencia Mundial do Atún "Vigo 2013"
Durante o acto de inauguración deste evento, o alcalde de Vigo subliñou a capacidade e calidade do I+D+i do sector e avogou por factores comúns como a sostenibilidade. Hoxe luns e mañá, Vigo é a capital mundial do sector conserveiro coa VI Conferencia Mundial do Atún "Vigo 2013".
Coa organización desta conferencia a cargo de ANFACO-CECOPESCA, Vigo convértese ata mañá martes en capital mundial do sector atunero, conserveiro e transformador de produtos do mar e as súas industriais auxiliares. A cidade é hoxe punto de encontro da exposición e debate de aspectos tan relevantes como o abastecemento de materia prima e a elaboración e comercialización de conservas de atun.
Participan na Conferencia máis de 300 directivos que lideran empresas radicadas en 29 países que elaboran ou comercializan os seus produtos nos cinco continentes, concentrando o 90% da produción mundial de conservas de peixes e mariscos. Se trata de países tan relevantes no mundo das conservas de peixes e mariscos como Italia, Francia, Portugal, Reino Unido, Países Baixos, Bélxica, España, Ecuador, México, EUA, Panamá, Guatemala, El Salvador, Uruguai, e Brasil, Costa de Marfil, Marrocos, Gabón, Túnez, Thailandia, Corea, Papúa Nova Guinea, China, Malaisia, Taiwán, Indonesia, Seychelles, Isla Mauricio, Israel... entre outros.
Así mesmo, é salientable a presenza de destacados representantes de administracións como a DG Mare-UE, DG Trade-UE, Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, e a Consellería do Medio Rural e do Mar.
Esta Conferencia enmárcase no ámbito do "Foro Internacional de Conservación de Produtos da Pesca de Galicia", creado por ANFACO-CECOPESCA en 1995 e que dende entón vén organizando, con periodicidade anual, diferentes conferencias para analizar a situación presente e futura do sector transformador dos produtos da pesca e da acuicultura, así como as distintas problemáticas e incidencias que a transformación e comercialización destes produtos presenta a nivel internacional.
Descargar todas as imaxes