A Corporación reclama que a Xunta asuma a xestión de CEDRO e o integre no SERGAS
Socialistas e nacionalistas, coa oposición do PP, aprobaron hoxe luns unha moción que insta a Sanidade a asumir o coste da xestión de CEDRO -o Centro de Drogodependentes-, que ascende a 1,6 millóns dos que o Concello paga 1.073.000 euros. O acordo pide á Xunta que inicie a súa integración orgánica no SERGAS.
O goberno de Vigo censurou que a Xunta de Galicia foi reducindo a aportación económica para a prestación deste servizo aos drogodependentes dos case 700.000 euros de 2009 aos 454.000 deste ano, o que obriga ao Concello a incrementar ata partida ata máis dun millón de euros este ano.
O texto estipula que este é un servizo competencia da Consellería de Sanidade, pois os adictos padecen unha enfermidade, e polo tanto teñen que ser tratados como tal no Servizo Galego de Saúde.
O texto estipula que este é un servizo competencia da Consellería de Sanidade, pois os adictos padecen unha enfermidade, e polo tanto teñen que ser tratados como tal no Servizo Galego de Saúde.