Escoitar

O Concello e Telefónica formarán en creación de empresas dixitais ao alumnado de todos os institutos

O alcalde e o director da empresa, reunidos este venres na Alcaldía, acordaron extender a todos os institutos de Vigo a segunda edición do programa Labs de formación no deseño, creación e desenvolvemento de empresas dixitais, que o pasado ano tivo lugar, con éxito, no IES Santo Tomé.

venres, 13 set 2013
1379087887telefonica.JPG
Abel Caballero mantivo hoxe venres unha reunión co director de Telefónica e da Fundación Telefónica e decidiron ampliar para este curso o programa Labs Think Big School -celebrado o ano pasado no IES Santo Tomé para 35 alumnos e alumnas- a todos os institutos da cidade.

A iniciativa Labs forma a estudantes de 16 e 17 anos no deseño, desenvolvemento e presentación dun proxecto de empresa dixital. Os mozos son instruídos no traballo en equipo e en todos os procesos de creación dunha empresa dixital, dende a súa concepción, análise DAFO, desenvolvemento, posta en marcha, presentación a posibles investidores, comunicación e mesmo en linguaxe html para a elaboración da súa páxina web.

O ano pasado desenvolveuse en cinco cidades españolas e noutros cinco países europeos: Reino Unido, Irlanda, Alemania, República Checa e Eslovaquia. Caballero avanzou que convocará aos directores e directoras dos centros para explicarlles, cos responsables de Telefónica, os detalles do proxecto.
Descargar todas as imaxes