O Concello suma outros 200.000 euros e totaliza 423.000 euros de apoio a comedores en 2013
O alcalde informou hoxe venres da resolución da convocatoria de apoio aos comedores sociais, dentro do plan social dotado con 3 millóns de euros para apoio ás familias ante a crise. Con respecto a hai dous anos, o Concello incrementou un 464% a partida para apoiar a estas entidades.
Abel Caballero explicou que os 423.000 euros que adica este ano o Concello de Vigo para apoiar a laboura dos comedores sociais supón un incremento do 464% con respecto aos 75.000 euros destinados en 2011.
O goberno local resolveu este venres o reparto entre doce comedores sociais dos 200.000 euros reservados ao efecto no plan social de apoio ás familias -dotado cuns 3 millóns de euros-, que se suman aos 223.000 euros incluidos no orzamento municipal de 2013.
Abel Caballero quixo deterse na aportación que realiza o Concello á entidade AFAN, que percibe este ano 76.760 euros, máis do que achegan o Parlamento de Galicia, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra xuntos. O alcalde solicitou aos gobernos provincial e autonómico que invistan a mesma cantidade que o Concello nos comedores.
Outros asuntos
O alcalde tamén deu conta da aprobación do proxecto de execución da segunda fase do Centro Galego de Fotografía por importe de 379.000 euros e co obxectivo de finalizar a construcción do mesmo.
Por outra banda, o Concello aprobou os pregos de condicións e licita o servizo de xestión de Vigosónico, unha licitación que supera os 400.000 euros para un prazo de catro anos, máis dous prorrogables.
Descargar todas as imaxes