Escoitar

Caballero pide manter a sede en Vigo, a actividade e os empregos de Pescanova

Nunha reunión co novo presidente, Juan Manuel Urgoiti, o alcalde manifestou o "apoio" do Concello para manter a Pescanova como "unha gran empresa multinacional da pesca". En particular, Caballero manifestou o seu "desexo" de que a compañía conserve a sede na área viguesa, así como a actividade e os empregos.

martes, 17 set 2013
1379417712pescanova.JPG
Abel Caballero e Juan Manuel Urgoiti mantiveron este martes a súa primeira reunión desde o nomeamento deste como novo presidente do Consello de Administración de Pescanova.

Neste encontro, o alcalde trasladoulle o seu "desexo" de mantemento da empresa e dos seus postos de traballo, así como a "viguesidade" da firma, co obxectivo de que Pescanova permaneza "como empresa galega afincada en Vigo".

A tarefa da nova dirección de Pescanova foi definida por Caballero como un "reto" para o que é preciso que teña os apoios que necesita e continuar a ser "unha gran empresa multinacional da pesca", a "primeira do mundo", que "tanto valor engadido xerou ao territorio vigués".
Descargar todas as imaxes