Escoitar

O Marco acolle un concerto "dislocado" que explora as posibilidades da música en internet

O Concello apoia unha "orixinal" iniciativa que pretende estudar as posibilidades de internet para facer música a través dun concerto "dislocado". Tal e como explicou o rexedor logo dun encontro cos promotores, o rexedor explicou que o obxectivo é executar unha obra de xeito simultáneo e en directo, en distintos espazos. En Vigo, será no Marco o venres, ás 19,30 horas.

mércores, 18 set 2013
1379505897concerto.JPG
O Concello de Vigo apoia ao colectivo artístico Plastic Crowds na posta en marcha dun "orixinal experimento" que consiste en executar unha obra musical de xeito simultáneo e en directo desde distintas ubicacións. Concretamente, "dislocaránse" as seccións de música que compoñen a agrupación, de xeito que, desde Vigo, sonarán os instrumentos de vento e madeira; desde Cangas, os de corda; e, finalmente, o piano, desde Santiago de Compostela.

O concerto poderá seguirse en directo o venres, 20 de setembro, a partir das 19,30 horas, no Museo do Marco, no caso de Vigo. Cada un destes espazos será dotado dun equipo informático, mezclando cada unha das partes e realizando un empaste en Internet. Tocarán unha peza orixinal, composta para a ocasión por artistas de distintos países e coordinada polo compositor e e profesor do Conservatorio Superior de Música de Vigo, Juan Eiras. A director achegarase aos músicos a través dun plasma que todos recibirán ao mesmo tempo.

O rexedor mantivo esta mañá un encontro cos promotores do evento, Manuel Martínez e Braulio Iglesias.
Descargar todas as imaxes