Escoitar

O alcalde valora o apoio con "cifras" do Concello á feira de Conxemar, que recibe 100.000 euros

Abel Caballero asinou hoxe xoves un convenio de colaboración de 100.000 euros con Conxemar para a apoiar a feira internacional que se desenvolverá en Vigo a principios do mes de outubro. Tal e como explicou o rexedor, este evento "xoga un papel central no mentemento do sector do conxelado na cidade".

xoves, 19 set 2013
1379591949conxemar.JPG
O alcalde e o presidente da Asociación Española de Mayoristas, Importadores, Exportadores y Transformadores de productos de la Pesca y Acuicultura, José Luis Freire, rubricaron esta mañá un convenio de colaboración por importe de 100.000 euros para colaborar na posta en marcha da feira que arranca o próximo 1 de outubro. En rolda de prensa, Caballero enmarcou esta achega dentro do apoio "con cifras" e reiterou, unha vez máis, a competencia que se quere facer desde Barcelona coa organización dun evento similar.

Conxemar, dixo o alcalde, mobiliza "preto de 500 traballadores" durante a feira, ademais de "xogar un papel central no mantemento do sector do conxelado, que supón decenas de miles de postos de traballo na cidade". Tamén aludiu á petición trasladada a Iberia Express de reforzar as liñas durante os días de feira.
Descargar todas as imaxes