Escoitar

O alcalde avoga por poñer en valor a riqueza etnográfica dos muíños en Vigo

Vigo conta cunha importante riqueza etnográfica, entre a que destacan os muíños de Gontade, tal e como asegurou durante unha visita á parcela municipal na que están ubicados. O mantemento destas infrestruturas supoñen uns 25.000 euros ás arcas municipais e o rexedor apostou hoxe venres pola posta en valor destas estruturas produtivas.

venres, 20 set 2013
1379681788molinos.JPG
O alcalde de Vigo, acompañado pola concelleira de Patrimonio Histórico, Carmela Silva, visitou hoxe os muíños de Gontade, situados na marxe da estrada de Camposancos e o antigo camiño real cara a Baiona, nunha parcela de propiedade municipal . Trátase dun conxunto de 4 muíños que funcionan aproveitando unha gran pendente e que están en perfecto estado de conservación. Na actualidade, todos eles son propiedade municipal, e o seu mantemento supón uns 25.000 euros anuais á concellería de Patrimonio Histórico.

Tal e como explicou o rexedor, estas infraestruturas están preparadas para facer o traballo para o que foron concebidas polo que "sería moi interesante achegar aos escolares de Vigo a esta estrutura productiva". No mesmo senso, avogou por poñer en valor este patrimonio etnográfico en toda Galicia ao tempo que ennumerou os outros nove muíños existentes na cidade: 4 en San Miguel de Oia, 2, en Zamáns, 1, en Cabral, e outros 2 en Bembrive.
Descargar todas as imaxes