Escoitar

As lanzadeiras de VITRASA que pon o Concello para ver ao Celta serán de balde este domingo

O alcalde, Abel Caballero, e o director xeral da empresa, Juan Carlos Villarino, presentaron onte xoves esta medida para conmemorar o día sen coche. As lanzadeiras a Balaídos, ida e volta, e as liñas que prestan servizo nas inmediacións do estadio serán gratuitas este domingo, 22 de setembro.

venres, 20 set 2013
1379591914villarino.JPG
O Concello e VITRASA súmanse así un ano máis á celebración desta efeméride, enmarcada na Semana Europea da Mobilidade, que neste 2013 coincidente co 90 aniversario do Real Club Celta de Vigo.

Tanto nos traxectos de ida como de volta, as tres lanzadeiras que habitualmente conectan distintos puntos da cidade con Balaídos, adaptadas aos horarios do partido, serán de balde este domingo, 22 de setembro, xornada na que o Real Club Celta enfróntase ás 17 horas ao Villarreal.

Ademais, todas aquelas liñas que presten servizo nas inmediacións do estadio tamén serán gratuitas antes e despois de finalizar o encontro, en dirección entrada e saída de Balaídos, respectivamente. Por tanto, as C4A, C5A, C6, C7, 8, 11, 12B, 17 e 23, entre unha e dúas horas antes e despois do partido -aínda está por definir, segundo indicou Villarino- non terán coste para os viaxeiros.
Descargar todas as imaxes

Máis información