O alcalde indica que "Vigo é unha cidade segura" e subliña o traballo contra a violencia de xénero
Abel Caballero, xunto ao subdelegado do Goberno na provincia, Antonio Coello, presidiu este venres a Xunta Local de Seguridade, que se celebra anualmente coa participación do Concello, a Subdelegación e as policías Local, Autonómica e Nacional. Caballero e Coello salientaron que "podemos seguir decindo que Vigo é unha cidade segura".
O alcalde, ao remate da reunión, apuntou tres conclusións da mesma: que "Vigo é unha cidade segura", a "magnífica cooperación" entre as partes e a "acción activa" dos efectivos de seguridade para "minimizar e erradicar" a "terrible lacra" da violencia de xénero.
Segundo detallou o subdelegado do Goberno na provincia, Antonio Coello, ante os medios de comunicación, o número de delitos e faltas cometidos na cidade creceu nun 4,94% dende xaneiro a agosto deste ano, en comparación co mesmo período do ano 2012, aínda que tamén aumentaron os detidos e os casos esclarecidos. O número de delitos e faltas esclarecidos nos primeiros oito meses do ano aumentou nun 6,19%, mentres que o número de arrestos creceu nun 6,51 por cento.
No caso dos roubos con forza, aclaráronse un 7,47% máis e detívose a case un 40% de presuntos delicuentes máis. Dentro deses roubos, os asaltos a vivendas melloraron tamén as súas porcentaxes, cun 14% máis de casos resoltos, e un aumento do 21,6 por cento dos detidos. Por outra parte, esclarecéronse un 37,68% máis de roubos con violencia e intimidación, e aumentaron os arrestos para este tipo de delitos nun 18%.
Descargar todas as imaxes