O Concello reforza a loita contra o botellón

martes, 19 xan 2010

O Concello de Vigo afonda na súa loita contra o botellón e contra as consecuencias máis negativas do mesmo en determinados lugares da cidade ao aprobar a prohibición da venda de licores en establecementos de diferentes zonas a partir das dez horas da noite. O alcalde Abel Caballero foi rotundo ao sinalar que unha vez que entre en vigor a orde, os locais que expendan bebidas alcohólicas nos horarios prohibidos serán sancionados.

Vigo presenta 13 proxectos de humanizacións do Fondo Estatal de Investimento Local

martes, 19 xan 2010

Abel Caballero avanzou hoxe que o goberno local remitirá "nos próximos tres ou catro días" parte dos proxectos de Vigo para o novo Fondo Estatal de Investimento Local disposto polo goberno de España para 2010; en total 17,4 millóns de euros para trece novas humanizacións, zonas verdes e centros culturais e deportivos, con especial incidencia nas parroquias viguesas. Os procesos de contratación das obras poderían iniciarse o próximo mes.

O Concello apoiará o Salón do Automóbil coa instalación dun circuito de educación viaria

venres, 15 xan 2010

O alcalde, Abel Caballero, entrevistouse este venres co Comité Executivo organizador do Salón do Automóbil de Vigo, que abrirá as portas da súa décimo novena edición o vindeiro 1 de maio. Caballero mostrou o seu "orgullo" polo empeño do sector en manter a celebración anual deste Salón pese á crise e anunciou o apoio municipal ao evento coa instalación dunha zona dedicada á educación viaria.

O alcalde mediará en favor dos traballadores de Alfageme sempre dentro do "marco das leis"

xoves, 14 xan 2010

Abel Caballero mantivo este xoves unha reunión co Comité de Empresa da conserveira Alfageme, quenes solicitaron do rexedor o seu apoio e mediación no conflicto laboral que manteñen coa empresa. A este respecto, Caballero asegurou que "actuaremos sen movernon nin un ápice do marco das leis tratando de favorecer aos traballadores". Os empregados manterán próximamente unha reunión co concelleiro de Urbanismo.

Vigo rexistra crecemento do vehículo privado no transporte escolar

xoves, 14 xan 2010

O uso do transporte privado no ámbito escolar ten unha progresión continua, un 36% no periodo 2003-2009, mentras que o uso dos vehículos públicos no mesmo apartado reflexa un descenso do 16,0%, segundo manifestou hoxe o Valedor do Cidadán, Luis Espada Recarey, durante a presentación do libro "La movilidad local", un amplo estudo cuxo obxectivo é cuantificar os indicadores europeos de sonstenibilidade en relaciòn coa movilidade local e transporte de pasaxeiros e cos desprazamentos dos escolares entre a casa e a escola na cidade de Vigo.

Abel Caballero solicitará á Xunta diálogo coa Escola de Idiomas para resolver a diminución de profesorado

xoves, 14 xan 2010

O alcalde de Vigo entrevistouse este xoves cunha representación do profesorado e do alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, entidade educativa que sufriu este curso reducción de plantel e de clases. Segundo sinalou Caballero, esta modificación realizada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia impediu a matriculación de 700 alumnos, polo que pedirá ao Conselleiro diálogo coa Escola para solventar esta situación.

O alcalde e a Secretaria Xeral do Ministerio de Industria visitan as instalacións de Citroën e Barreras

mércores, 13 xan 2010

Abel Caballero acudiu hoxe mércores xunto á delegación do Ministerio de Industria encabezada pola súa Secretaria Xeral, Teresa Santero, a visitar as instalacións da factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën pola mañá e do astaleiro Hijos de Barreras pola tarde. Alcalde e Secretaria de Industria, ademais das conversas cos responsables das dúas empresas, manteñen esta tarde unha reunión coa dirección de Aclunaga, o Clúster do Naval de Galicia.

O alcalde anuncia 17,4 millóns de investimentos para humanizacións, garderías e novos espazos cidadáns

martes, 12 xan 2010

Abel Caballero avanzou hoxe martes que o goberno local remitirá "nos próximos tres ou catro días" parte dos proxectos de Vigo para o novo Fondo Estatal de Investimento Local disposto polo goberno de España para 2010; en total 17,4 millóns para trece novas humanizacións, garderías, zonas verdes e centros culturais e deportivos, con especial incidencia nas parroquias viguesas. Os procesos de contratación das obras poderían iniciarse o próximo mes.

Barreiro ofrece a súa faciana plástica máis luminosa na exposición de Mostrarte

luns, 11 xan 2010

O alcalde presidiu este luns a apertura da exposición pictórica do artista Xosé María Barreiro, dentro da convocatoria Mostrarte, un evento municipal que achega o mundo do arte ao público, mediante a ubicación das obras nas dependencias da Alcaldía de Vigo, ademáis de servir como promoción de diferentes artistas plásticos vencellados a cidade. Neste senso, Abel Caballero resaltou que a pintura de Barreiro leva Vigo polo mundo adiante para que sepan como son os seus habitantes.

o alcalde asistirá á Gala Inaugural da Presidencia Española da Unión Europea

xoves, 7 xan 2010

Abel Caballero foi invitado a participar mañá venres na Gala Inaugural da Presidencia Española da Unión Europea 2010, presidida polas SS.MM. Os Reis, quenes ofrecerán ao remate do evento unha recepción. A Gala e a posterior recepción celebraranse no Teatro Real de Madrid, onde terá lugar a entrega da Presidencia Sueca á Presidencia Española da UE.