Escoitar

Goberno municipal e Náutico acordan acometer no edificio do club deportivo medidas de seguridade urxentes antes dunha semana

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou esta mañá que o informe municipal sobre o derrubamento do Náutico insta a acometer nun prazo aproximadu dunha semana medidas de seguridade urxentes que pasan por concluir os traballos de limpeza, executar un sistema provisional de cuberta e colocar unha barandilla de xeito transitorio.

xoves, 22 mar 2012
O informe municipal encargado para avaliar os desperfectos do Náutico, logo do derrubamento que sufriu o pasado martes, insta a acometer medidas de seguridade que consisten en realizar os traballos de limpeza, construír un sistema provisional de cuberta para que non aumenten os danos por fenómenos meteorolóxicos, así como colocar una barandilla de xeito transitorio. Segundo explicou o rexedor, Concello e Náutico acordaron que, unha vez rematadas estas obras -para as que non é precisa licenza e que se prolongarán en torno a unha semana-, os responsables do club deportivo terán que presentar na Xerencia de Urbanismo informe técnico no que se xustifiquen nas medidas adoptadas, que dada a súa condición de edificio catalogado, non poderán alterar ningún dos elementos que deron lugar á súa catalogación, do que se desprende que a execución da nova cuberta ten que ter un aspecto similar á orixinal.

En verbas do alcalde, respecto dos danos rexistrados, o informe di que a cuberta da escaleira estaba formada por unha losa de formigón armado á que se foron engadindo ao longo do tempo diversas capas de material impermeable. Esta losa, di o documento, estaba apoiado sobre tres tesoiras metálicas das que pendía a subestrutura de soporte da vidrieira artísitica.
Este conxunto caeu sobre a escaleira producindo danos nun importante número de peldaños, ademais de arrrancar a maior parte da barandilla da escaleira.