"O Marisquiño" celebrarase os días 8 e 9 de agosto coa novidade do descenso urbano de mountain bike

mércores, 5 ago 2009

A novena edición de "O Marisquiño", que terá lugar os días 8 e 9 de agosto na chaira do Náutico de Vigo, introducirá novidades para seguir medrando e chegar a máis xente, segundo subliñou na presentación a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso. Se o ano pasado alcanzaron os 30.000 espectadores e 450 participantes, na edición deste ano xa contan con 700 participantes e esperan superar o número de espectadores.

Éxito dos campamentos de verán, que este ano incrementaron ata 1.700 as prazas

venres, 3 xul 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, subliñou este venres que os campamentos de verán que organiza a Concellería de Xuventude en colaboración coa Concellería de Igualdade son "espazos de lecer que axudan a compatibilizar a vida familiar e laboral". No trancurso dunha visita que realizou ao campamento de verán que ten lugar no pavillón das Travesas, na que tamén participaron a concelleira de Xuventude e o concelleiro de Deportes, destacou a aposta que fai o goberno local ao ofertar 1.700 prazas para rapaces e rapazas de 4 a 15 anos.

Iolanda Veloso presenta o certame de curtametraxes "Vigounhaedez" dirixido a menores de 30 anos

venres, 26 xuñ 2009

A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, presentou este venres o concurso de curtametraxes "Vigounhaedez", convocado en colaboración coa asociación xuvenil Abertal e dirixido a mozos e mozas menores de 30 anos. "Queremos que a xente nova presente a súa visión de Vigo a unha e dez da noite", explicou a concelleira, co obxectivo de organizar unha mostra con todos os traballos presentados os días 25 e 26 de setembro.

O sorteo do premio "Inter rail 2009", convocado por Xuventude, celebrarase mañá ás 12 horas no Punto Xove

xoves, 18 xuñ 2009

O Punto Xove da Concellería de Xuventude, ubicado na rúa López de Neira, acollerá mañá 19 de xuño, ás 12 horas, o sorteo do "Inter rail 2009". Nesta cuarta edición do premio sortearase un dobre inter rail na modalidade Global Pass, de xeito que dúas persoas poderán viaxar en tren gratuitamente durante 10 días, por máis de 30 países dentro dun periodo de 22 días.<br />

A Casa da Xuventude acolle a mostra de fotografía e pintura "Catro historias" dende hoxe e ata o 19 de xuño

luns, 8 xuñ 2009

No marco da programación da Casa da Xuventude para o primeiro semestre do 2009, este servizo municipal acolle dende hoxe e ata o 19 de xuño a mostra de pintura e fotografía "Catro historias". A exposición, que mostra as obras de catro artistas que remataron os estudos de Belas Artes, pode visitarse nas instalacións de López Mora de luns a venres en horario de 9 a 14 horas e de 17 a 20 horas.

O vindeiro luns ábrese o prazo de inscrición do programa "Verán Xove 2009", que oferta 1.700 prazas

mércores, 27 mai 2009

A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, anunciou hoxe que o vindeiro luns ábrese o prazo de inscrición para o programa "Verán Xove 2009", que este ano oferta un total de 1.700 prazas para rapaces e rapazas de 4 a 15 anos. A edil subliñou que esta proposta volve a incrementar o número de prazas, debido a que se trata dun programa "moi agardado e demandado por nais e pais porque é unha alternativa de lecer para o verán".

O Punto Xove presentará mañá a reportaxe "Benín 2004", sobre un proxecto educativo neste país africano

mércores, 13 mai 2009

O espazo Proxecta do Punto Xove da Concellería de Xuventude de Vigo acollerá mañá, ás 18.30 horas, a presentación da reportaxe fotográfica "Benín 2004". Un dos coordinadores do proxecto explicará a aplicación dun proxecto de educación para o desenvolvemento neste país africano no marco dunha cooperación da ONG belga Quinoa cunha asociación local de Benín.