Curso de monitores/as de tempo libre

xoves, 1 dec 2011

A Concellería de Xuventude abre o prazo para inscribirse no curso de monitor/a de actividades de tempo libre, destinado á mocidade de Vigo, con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos. Para poder realizar este curso deberase estar en posesión do título de graduado escolar ou equivalente.

Taller de horta urbana

mércores, 30 nov 2011

A Concellería de Xuventude abre o prazo para a inscrición do obradoiro de horta urbana ecolóxica destinado á mocidade de Vigo ata os 35 anos de idade e con interese neste tema. O obradoiro realizarase nos exteriores da Casa da Xuventude e ten co fin sensilibilizar en materia ambiental e de sustentabilidade.

Visita guiada á exposición de Lee Miller

mércores, 2 nov 2011

O Servizo de Turismo Xuvenil da Concellería de Xuventude convida ós mozos e mozas de Vigo a unha visita guiada para percorrer os mellores traballos de Lee Miller, un dos grandes nomes da fotografía do século XX. A visita terá lugar o xoves, día 3 de novembro, ás 18 horas no C.C. da Fundación Novacaixagalicia.<br />

"Dende as alturas",nova exposición na Casa da Xuventud<br />

xoves, 29 set 2011

Dende as alturas é a segunda exposición de Josías Figueirido na cidade de Vigo. Nela, o visitante atoparase cunha selección de debuxos e pinturas que mostran diferentes paisaxes do entorno vigués.A mostra poderase visitar ata o 14 de outubro na sala de exposicións da Casa da Xuventude.

O programa Verán Xove 2011 oferta máis de 2.000 prazas, amplía as datas dos campamentos e mantén os prezos

mércores, 18 mai 2011

A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, presentou este mércores unha nova edición do programa Verán Xove, que neste ano 2011 oferta máis de 2.000 prazas, ao incluír novas propostas nas ludotecas, Súbete ao Castro e Vigosónico. "Sabemos que é un servizo fundamental para a cidadanía, polo que nos pareceu moi importante non incrementar os prezos. Tentamos así aplicar a austeridade no seu sentido real", subliñou a concelleira nacionalista. As inscricións pódense facer do 1 ao 10 de xuño na Casa da Xuventude.

Actividades en Vigosónico

venres, 13 mai 2011

Vigosónico é un gran espazo adicado á música: locais de ensaio, estudio de gravación, sala de concertos...e está destinado á mocidade viguesa en xeral pero sobre todo a mocidade que se relaciona dalgun xeito coa música: compoñendo, tocando, ensaiando, escoitando...