O programa Verán Xove 2011 oferta máis de 2.000 prazas, amplía as datas dos campamentos e mantén os prezos
A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, presentou este mércores unha nova edición do programa Verán Xove, que neste ano 2011 oferta máis de 2.000 prazas, ao incluír novas propostas nas ludotecas, Súbete ao Castro e Vigosónico. "Sabemos que é un servizo fundamental para a cidadanía, polo que nos pareceu moi importante non incrementar os prezos. Tentamos así aplicar a austeridade no seu sentido real", subliñou a concelleira nacionalista. As inscricións pódense facer do 1 ao 10 de xuño na Casa da Xuventude.
Iolanda Veloso afirmou que outra das novidades do programa deste verán consiste en que os campamentos comezan ao día seguinte de iniciarse as vacacións escolares e se estenden ata finais de agosto. Para a responsable da área de Xuventude esta é unha medida fundamental no obxectivo de conciliar a vida laboral e familiar, xunto ao incremento de prazas nos campamentos máis demandados, como Verán en Samil.
A concelleira de Xuventude salientou a colaboración mantida coas concellerías de Igualdade e Normalización Lingüística "para optimizar os recursos municipais" e incrementar o número de prazas a respecto das edicións anteriores. Por outra banda, destacou o notable incremento da demanda de información do Verán Xove 2011, debido ao incremento dos prezos das actividades organizadas pola Xunta, "que fai que sexan inasumibles para moitas familias", denunciou.
"Dende a Concellería de Xuventude parécenos moi importante aumentar as prazas sen modificar os prezos", asegurou Iolanda Veloso. Outra das novidades que mencionou é a ampliación das idades de algunhas actividades, como Verán en Bouzas, así como o reforzo das actividades na praia, "xa que no verán é un dos lugares preferidos polos rapaces e rapazas".
Verán Xove 2011 inclúe as propostas Verán en Castrelos e Verán no Castro, que tanto éxito acadaron o ano pasado, ademais da programación de actividades nas ludotecas da Casa de Xuventude, Coia, Calvario, Coruxo e Lavadores. Estas propostas únense aos campamentos en Bouzas, Samil, Lavadores e Teis, Tempo libre na Beiramar e a Escola hípica de verán, así como as actividades previstas no Club de Remo de Coruxo, os Castroconcertos, no Súbete ao Castro e no Vigosónico.
Respecto á inscrición, a concelleira de Xuventude indicou que o prazo de presentación da documentación é do 1 ao 10 de xuño, na Casa da Xuventude de 9 a 13.30 e de 17 a 19.30 horas. O día 1 de xuño, ás 8.15 horas, repartiranse números para realizar as inscrición "e non ter que agardar cola toda a mañá", apuntou Iolanda Veloso. Ademais da ficha de inscrición (que se pode baixar de www.xuventudevigo.org) é preciso presentar a fotocopia do DNI do pai, nai ou representante legal do menor, o volante de empadroamento do menor (que se pode solicitar a través da web do Concello http://hoxe.vigo.org/) unha foto tamaño carné do rapaz ou rapaza e unha fotocopia da tarxeta sanitaria.
Descargar todas as imaxes