luns, 16 mai 2011
O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, presentou este luns o XII Congreso Internacional de Medicina Xeral e de Familia e a XVIII edición do Congreso Nacional de Medicina Xeral e de Familia, que se celebrarán do 18 ao 21 de maio no Ifevi. O nacionalista fixo fincapé na forte repercusión que terá este evento no sector turístico e hostaleiro da cidade, xa que máis de 3.600 médicos de familia analizarán en Vigo o presente e futuro da atención primaria, aos que é preciso sumar os acompañantes, expositores e xornalistas especializados que tamén se achegarán á nosa cidade, que en total realizarán 10.000 pernoctacións e Vigo e arredores.
luns, 16 mai 2011
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentou este luns o programa Bonotaxi 2011, que recibiu un total de 241 solicitudes, un 26% máis que no 2010. A concelleira nacionalista afirmou que esta iniciativa, da que se beneficiarán 160 persoas, amosa a "decidida aposta da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social por mellorar as condicións de vida das persoas con discapacidade".
Nenos e maiores estiverons en contacto coa natureza
luns, 16 mai 2011
As actividades da Concellería que dirixe a socialista Chus Lago fixeron posible que arredor de 165 nenos compartiran este sábado unha xornada medioambiental que se desenvolveu na praia do Vao. Unhas 65 persoas coordinaron as saídas ás Illas Cíes do sábado e do domingo que tiveron como novidade unha actividade con Kaiacs.
luns, 16 mai 2011
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, anunciou hoxe que o vindeiro martes, 17 de maio, celebrarase un roteiro etnográfico e arqueolóxico na parroquia de Saiáns. O percorrido terá lugar de 11 a 14 horas dende o parque forestal de Saians e a visita guiada correrá a cargo do arqueólogo Eduardo Velázquez. Este roteiro súmase aos creados en Candeán e Zamáns, e segundo o concelleiro nacionalista, con esta iniciativa quérese dar e coñecer e poñer en valor o rico patrimonio vigués, "favorecendo que se convertan nun recurso que reforce o valor cultural e identitario das parroquias".
luns, 16 mai 2011
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, anunciou hoxe que o Museo da Cidade Quiñones de León acollerá o mércores, 18 de maio, diversas propostas para conmemorar o Día Internacional dos Museos. O nacionalista convida á cidadanía a participar nas visitas guiadas ao pazo, que terán lugar ás 17 e ás 18.30 horas baixo o nome "O museo da memoria", e na actividade "Te ao solpor no xardín de Castrelos", que se celebrará ás 20.30 horas.
luns, 16 mai 2011
O Auditorio Municipal acollerá o vindeiro mércores, 18 de maio, a seguinte actuación que organiza a Concellería de Cultura e Animación Sociocultura neste remodelado recinto. Trátase do concerto que o cantante Josele Santiago e o músico Pablo Novoa ofrecerán ás 20.30 horas, para o que as entradas teñen un prezo de 10 euros e pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación.
luns, 16 mai 2011
O Día Internacional dos Museos ten como lema neste 2011 "Museos e Memoria". Así o ICOM decidiu chamar a atención sobre a función destes espazos como contedores e transmisores de memoria. De memoria viva. Como lugares que contan historias e que transmiten o noso patrimonio cultural, facendo fincapé na súa fraxilidade e perigo de desaparición en caso dunha mala conservación.
luns, 16 mai 2011
Co gallo do día das Letras Galegas, o museo Verbum ten preparada , para o martes 17 de maio, unha programación arredor do poeta homenaxeado este ano, Lois Pereiro.