Día Internacional dos Museos, mércores 18 de maio
O Día Internacional dos Museos ten como lema neste 2011 "Museos e Memoria". Así o ICOM decidiu chamar a atención sobre a función destes espazos como contedores e transmisores de memoria. De memoria viva. Como lugares que contan historias e que transmiten o noso patrimonio cultural, facendo fincapé na súa fraxilidade e perigo de desaparición en caso dunha mala conservación.
Así a Casa das Palabras recupera a súa produción Verbum Fahrenheit, que trata precisamente da fraxilidade da memoria e o empeño duns homes por conservar o noso legado cultural na súa mente para poder así transmitilo de cara ao futuro chegando a converterse en verdadeiros homes libro.
Baseada na novela Fahrenheit 451, Verbum Fahrenheit é a historia de dous homes, dous presos que comparten un mesmo delito: ler. Ler nunha sociedade onde a lectura está prohibida e os libros son queimados por bombeiros incendiarios. Lectores castrados nunha sociedade na que os libros son preservados na clandestinidade alén do mar, na terra dos homes libro. Neste lugar cada persoa esqueceu o seu nome e tomou o do libro que preserva e protexe na súa memoria. Xan agora é Longa Noite De Pedra de Celso Emilio e transmíteo de xeración en xeración agardando o día en que remate a represión e os libros poidan volver a imprimirse.
A temática da peza vira sobre a importante relación que se establece entre a oralidade e a escrita e como existen pontes nun e outro sentido que fan que unha lingua se manteña viva.
Fundación Laxeiro
A Fundación Laxeiro dedicará a mañán do día 18, aos máis pequenos coa visita dos alumnos e alumnas da Escola de Educación infantil A Marisma, de Redondela que desenvolverán diferentes actividades no Espazo azul da Colección permanente, dentro do programa de actividades didácticas que, en colaboración co colectivo educativo e co financiamento da Deputación de Pontevedra, a Fundación Laxeiro leva desenvolvendo desde 2003. Un programa no que participan un total de 3.000 escolares ao ano,pertencentes a Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacherelato e Educación Especial.
Pola tarde, concretamente ás 20.00h. as escaleiras da Casa das Artes, edificio que alberga a Fundación Laxeiro na súa terceira planta, serán o escenario no que a artista Ana Gesto (Santiago de Compostela, 1978) nos ofreza a súa performance titulada Subiendo 4,33. Un exercicio de memoria que identifica o espazo físico (neste caso as escaleiras da Casa das Artes) co decorrer temporal.
Así, a performance que propón a artista, consiste na metaforización do paso do tempo, mediante
a simbolización da súa idade (33 anos) en 33 latas que, espalladas polas escaleiras do edificio,
ao longo das catro plantas, irán sendo incorporadas ao seu corpo e arrastradas con ela, confeccionando un estrano vestido sonoro (as latas, ao impactar contra o chan, producirán un
son de campá) que, ao final do percorrido, conformarán a idade actual da artista e terán un
desenlace na sala de exposicións temporais onde a Fundación Laxeiro actualmente amosa a exposición titulada Materialización na que ela participa.
Performer e artista visual, o traballo de Ana Gesto, a medio camiño entre a performance e o vídeo, é debedor de toda a tradición audiovisual do rexistro de accións, iniciada nos anos sesenta con artistas como V. Acconci, Ana Mendietta ou, máis recentemente, Francys Alÿs.