mércores, 18 mai 2011
A concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, presentou este mércores unha nova edición do programa Verán Xove, que neste ano 2011 oferta máis de 2.000 prazas, ao incluír novas propostas nas ludotecas, Súbete ao Castro e Vigosónico. "Sabemos que é un servizo fundamental para a cidadanía, polo que nos pareceu moi importante non incrementar os prezos. Tentamos así aplicar a austeridade no seu sentido real", subliñou a concelleira nacionalista. As inscricións pódense facer do 1 ao 10 de xuño na Casa da Xuventude.
mércores, 18 mai 2011
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, recibiu hoxe aos equipos xuvenís masculinos de balonmán do Seis do Nadal-Coia, o Hermo A. Fincas, e da Sociedade Deportiva Octavio, pola súa destacada traxectoria esta tempada, no transcurso dunha recepción que fixo aos dous equipos no Concello.
mércores, 18 mai 2011
O Auditorio Municipal acollerá mañá, 19 de maio, unha nova actuación dentro do programa de artes escénicos organizado pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultura. Será o concerto que o californiano M. Ward ofrecerá ás 20.30 horas. As entradas teñen un prezo de 15 euros adquiríndoas anticipadamente na web www.servinova.es e 18 euros mercándoas na taquilla.