María Méndez afirma que o aumento do 26% das solicitudes para empregar o Bonotaxi demostra que é "un bo programa"
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentou este luns o programa Bonotaxi 2011, que recibiu un total de 241 solicitudes, un 26% máis que no 2010. A concelleira nacionalista afirmou que esta iniciativa, da que se beneficiarán 160 persoas, amosa a "decidida aposta da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social por mellorar as condicións de vida das persoas con discapacidade".
María Méndez explicou que este programa ten o obxectivo de favorecer os desprazamentos ás persoas con mobilidade reducida e non poden utilizar o transporte público. Das 241 solicitudes presentadas, salientou que 87 corresponden a "novas solicitudes" e deu conta da evolución desta iniciativa posta en marcha polo BNG cando chegou ao goberno municipal no actual mandato, no 2008, ano no que rexistrou 70 solicitudes. No 2009 foron 112 as presentadas, no 2010 foron 178 e neste 2011 acadáronse 241. Segundo a concelleira, este incremento indica que este é "un bo programa".
A edil do BNG indicou que facer a selección das persoas beneficiarias do programa, 160, terase en conta o criterio económico, de forma que se lle concederá prioritariamente ás persoas con menos recursos. Ter o certificado de discapacidade, estar empadroadas en Vigo, ser maiores de 4 anos e non ter un coche adaptado para conducir son os requisitos imprescindibles que deben cumprir as persoas que desexen optar a este servizo.
A concelleira de Benestar Social lembrou que tras o estudo das solicitudes ao longo deste mes de maio, a cada persoa se lle fará entrega dunha tarxeta de crédito cun cargo de 375 euros, que poderán gastar dentro dos límites do Concello de Vigo e ata o 20 de decembro. "Estamos moi satisfeitas de como funciona este servizo e seguiremos apostando por el porque é un programa que facilita a integración e a igualdade de oportunidades das persoas con problemas de mobilidade", subliñou María Méndez. Preguntada para que tipo de desprazamentos é usado maioritariamente o servizo, manifestou que destacan os traslados aos médicos, hospitais e centros de día, aínda que apuntou que tamén é empregado para visitar museos e exposicións, "actividade que doutro xeito sería imposible de realizar", comentou.
Descargar todas as imaxes