O Concello abre o prazo para a reserva dos locais de ensaio de Vigosónico

venres, 29 set 2023

Este sábado 30 de setembro ábrese o prazo para que os grupos e solistas de Vigo poidan solicitar un dos cinco locais de ensaio. Está principalmente dirixido a mozos e mozas de entre 13 e 30 anos. As inscricións poden facerse a través da páxina web www.xuventudevigo.org. Vigosónico é un gran espazo adicado á música e á mocidade viguesa en xeral pero sobre todo á mocidade que se relaciona dalgún xeito coa música: compoñendo, tocando, ensaiando... É unha instalación moderna e equipada con salas de ensaio, cabinas de formación, estudos de gravación, salón de actos multiusos e zona de ocio.

O alcalde saúda ao alumnado do campamento municipal de verán de Lavadores

xoves, 29 xuñ 2023

Un grupo de cincuenta nenos e nenas, integrantes do campamento de Lavadores, realizaron este xoves unha excursión ao Calvario onde recibiron a visita do rexedor a quen lle trasladaron as actividades que están realizando estes días. Abel Caballero lembrou que o programa Verán Xove 2023 ofrece case 4.000 plazas para nenos e nenas de entre 4 e 14 anos en diferentes emprazamentos da cidade: Alcabre, Berbés, Náutico en Bouzas, Coia, Doutor Fleming, Náutico na ETEA, Casa da Xuventude, Ludo Coia, Lavadores, Navia, Samil, Urbano de Travesas, Vigosónico e VigoZoo.

O Concello estende o servizo de socorrismo á praia de Bouzas e suma 15 días de acceso ao baño para persoas con mobilidade reducida

xoves, 27 abr 2023

A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves a modificación do contrato de vixilancia, socorrismo, salvamento, asistencia sanitaria de primeiros auxilios e seguridade e accesibilidade para o baño de persoas con mobilidade reducida en praias do Concello que ten un importe de 661.745 euros.

A Xunta de Goberno aproba a contratación do servizo de Vigosónico

mércores, 12 abr 2023

Abel Caballero deu conta da adxudicación do contrato polo período dun ano e que conta co incremento da formación de medios persoais e o incremento da experiencia laboral. Tamén aprobouse a prórroga do contrato de servizos para as instalacións deportivas durante un ano cun importe de 775.000 euros.