Escoitar

Vigosónico rexistrou máis de 10.000 entradas durante o ano 2025

Este centro municipal ten por obxectivo potenciar a actividade musical ademais de buscar alternativas de ocio á mocidade. Ofrece actividades formativas e salas de ensaio, todo completamente gratuíto.

luns, 6 abr 2026

O alcalde deu conta da licitación da xestión de Vigosónico para 2026, 2027 e parte de 2028 por importe de 328.357 euros. Trátase, explicou o rexedor, dun centro municipal de usos múltiples dedicado fundamentalmente para a formación musical ou ensaios de artistas e grupos de música.

O obxectivo é manter a actividade de dinamización xuvenil e actividades vencelladas coa música e outras disciplinas artísticas, ademais de ofertar formación sobre a concepción da música desde o punto de vista empresarial. Ademais de garantir o funcionamento do centro, haberá unha programación de contidos e xestión das salas de ensaio.

Vigosónico funciona de forma excepcional, cun balance de 1.205 usuarios durante 2025 período no que o centro rexistrou máis de 10.000 entradas. Os meses de xaneiro e febreiro deste ano, as salas de ensaio rexistraron unha ocupación do 100%.

Descargar todas as imaxes