O alcalde rexeita a decisión pechar os centros de saúde de López Mora e Nicolás Peña
Abel Caballero reafirmou hoxe a súa "oposición frontal" á decisión do Sergas de pechar o día 10 de abril o centro de saúde Nicolás Peña. Fixo estensiva a súa crítica á resolución autonónica de non reabrir as instalacións da rúa López Mora.
“A Xunta de Galicia ten que adecuar o Nicolás Peña e poñelo en boas condicións para abrir un centro de saúde” reclamou este mércores o alcalde. Incidiu en que “o que están a facer co Olimpia Valencia é deteriorar a atención sanitaria na cidade” por concentrar un número “excesivo” de pacientes nunhas instalacións, pechando dous centros de saúde, apuntou.
Manter activos os centros de saúde Nicolás Peña e da rúa López Mora, tras a correspondente rehabilitación das instalacións, é o eixo da demanda do rexedor ao instar á Xunta a “abrir e non a pechar” centros de saúde en Vigo. ”Non hai que obrigar aos usuarios a que se despracen ata dous e tres quilómetros para chegar ao seu centro de saúde”, inistiu.