Castrelos acollerá as representacións lúdico-científicas de "Misterio no Pazo"
O xoves 9 de abril o Pazo de Castrelos acollerá dúas sesións da actividade lúdico divulgativa “Misterio non Pazo”, unha obra teatral coa que o Concello e a Universidade de Vigo celebran o 50 aniversario da morte da escritora Agatha Christie.
O alcalde participou na presentación realizada esta mañá no Pazo de Castrelos, na que se mostrou a representación dirixida tanto ao público xeneral como á comunidade universitaria que está baseada na adaptación da obra da escritora inglesa “Un cadáver na bilblioteca”. A actividade conta coa particularidade de combinar o teatro co contido científico divulgativo, xa que propicia a participación dos espectadores, que deben ir resolvendo distintas probas para resolver un asasinato.
A acción desenvolverase no recibidor do Pazo de Castrelos, así como na galería e na sala de servizo. Caballero animou á cidadanía a participar nunha iniciativa que contará con dúas sesións, unha ás 17:30 horas e, unha segunda, ás 18:30 horas. Ambas sesións terán un aforo máximo de 50 persoas.