O alcalde anima aos nenos e nenas dos campamentos de verán a coidar o mar

martes, 20 ago 2019

Abel Caballero visitou este martes ao nenos e nenas que participan nos campamentos de verán que se celebran en Bouzas. O alcalde animou aos máis pequenos a desfrutar das actividades programadas e a coidar o mar. O Concello ofreceu este ano un total de 32.276 prazas de campamentos, unhas 5.000 máis que en 2018, cunha oferta para todas as idades e unha subvención municipal do 65%.

O alcalde clausura o campamento urbano municipal das Travesas

venres, 9 ago 2019

Abel Caballero achegouse este venres ao Pavillón Central das Travesas onde os arredor de 450 nenas e nenos que participaron no campamento urbano, organizado polo Concello, celebraban a última xornada logo de pasar quince días compartindo actividades de deportes, música, teatro, xogos e excursións. Durante o acto de clausura, amosaron as súas aprendizaxes con actuacións musicais e baile.

O goberno municipal amplía o prazo do concurso musical "Vigo en Vivo"

venres, 9 ago 2019

Segundo informou o rexedor, "o interese que está espertando" a convocatoria do concurso co que o Concello quere fomentar a creación musical e o espírito creativo entre grupos noveis da cidade, fai que se prorrogue o prazo de inscrición ata o 30 de agosto. Poden participar aqueles grupos cuxo 50% dos seus compoñentes estean empadroados en Vigo e, como premio, poderán gravar maquetas en Vigosónico e actuar en diferentes espazos da cidade. <br />