xoves, 11 xuñ 2020
Abel Caballero anunciou esta mañá as datas do Campus Vide 2020 que se organizará en xullo no Complexo Deportivo das Travesas. A principios do mes que vén arrancarán tamén os campamentos para persoas con discapacidade que se desenvolven tamén en agosto no museo Verbum Casa das palabras. Deste xeito máis de 300 novas prazas súmanse ás 2.388 ofertadas desde a Concellería de Xuventude.
martes, 9 xuñ 2020
O prazo de inscrición para o programa de actividades Verán Xove 2020, dirixido a cativas e cativos nacidos entre os anos 2003 e 2016, permanecerá aberto ata o vindeiro venres, día 12 de xuño. Hai un total de 2.388 prazas.
martes, 9 xuñ 2020
O prazo para inscribirse no programa "Vigo en Inglés 2020" durará un mes, comezando este mércores, 10 de xuño, e rematando o vindeiro 9 de xullo. Ademais, desde onte están abertos o Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller e o Centro de Documentación Feminista.
martes, 2 xuñ 2020
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o programa de actividades Verán Xove 2020 dirixido a cativas e cativos nacidos entre os anos 2003 e 2016 e que ten un orzamento de 227.000 euros. O prazo de solicitude de praza abre este xoves, 4 de xuño, e permanecerá aberto ata o vindeiro día 12.
xoves, 14 mai 2020
O alcalde deu conta esta mañá do inicio da tramitación que permitirá ao Concello organizar campamentos de verán para facilitar a conciliación familiar. Tal e como explicou, para o seu desenvolvemento, o Concello permanecerá ás normas que establezan as autoridades sanitarias.
xoves, 20 feb 2020
O alcalde fixo entrega este xoves dos diplomas acreditativos da décimo terceira edición deste concurso de pintura, ao que este ano optaron 3.500 escolares de entre seis e doce anos. 36 alumnos de máis dunha trintena de colexios foron os agraciados.
xoves, 20 feb 2020
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves a prórroga do contrato de xestión das ludotecas por un importe de 495.000 euros. A empresa realizará 50 actividades de animación, 50 obradoiros e 10 actividades de excursión. O Concello tamén deu o visto e prace a achega para a Fundación Laxeiro.
venres, 7 feb 2020
A Xunta de Goberno Local aprobou a asistencia técnica á dirección de obra municipal para o control e seguimento da execución do soterramento do tráfico rodado na Porta do Sol. Ademais, segundo explicou o alcalde, tamén recibiu o visto e prace a licitación do servizos de xestión de Vigosónico.
venres, 31 xan 2020
Caballero compartiu coas nenas e nenos do centro educativo e co profesorado esta xornada na que celebraban o éxito do proxecto do Club de Convivencia polo que construíron máis de 1000 grúas de papel que enviarán ao Parque da Paz de Hiroshima, en Xapón. O rexedor lembroulles a importancia da paz na historia da humanidade e felicitounos pola iniciativa na que depositaron os seus mellores desexos de paz e convivencia.
xoves, 19 dec 2019
Abel Caballero asistiu este xoves no Concello de Vigo á presentación oficial do novo videoclip do grupo vigués Tinta, gravado como premio por ser o gañador do concurso musical "Vigo en vivo". O alcalde presenciou a interpretación do tema e animou aos compoñentes de Tinta a continuar adiante e augurou un "futuro prometedor" á xove banda viguesa.