xoves, 1 ago 2013
Abel Caballero recibiu hoxe xoves a 25 músicos que ensaian na instalación municipal de Vigosónico, en Valladares, que trasladaron ao alcalde a súa "satisfacción" polo funcionamento do recinto, segundo indicou o alcalde. Unha representación destes grupos actuarán nas festas de verán.
venres, 19 xul 2013
Segundo informou este venres Abel Caballero, o goberno local adxudicou hoxe o Servizo de Información Xuvenil, un único contrato para catro anos que engloba os dous anteriores da Casa da Xuventude e Punto Xove, conlevando un aforro anual de 35.000 euros.
mércores, 17 xul 2013
A Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral porá en marcha unha ludoteca de integración grazas a unha achega municipal de 20.000 euros. Así o ratificaron hoxe mércores o alcalde e o presidente de Apamp, Daniel Varela, coa sinatura dun convenio de colaboración.
xoves, 23 mai 2013
O alcalde presentou esta mañá Verán Xove 2013, a oferta estival de campamentos e ludotecas de verán, que este ano contarán con 4.066 prazas. Co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral e e familiar, este ano amplíanse as datas ata a primeira semana de setembro.
venres, 1 mar 2013
O rexedor anunciou hoxe venres a "inmiente" presentación dun "gran" plan de actuación integral para a mocidade. Tal e como explicou, incluirá vivenda, emprego, deporte, ocio e cultura, entre outros aspectos.
mércores, 24 out 2012
A Concellería de Medio Ambiente inicia este sábado 27 de outubro o seu plan de formación de outono. As accións previstas son cursos básico de hortas urbanas, cursos de iniciación ao voluntariado medioambiental e cursos específicos de voluntariado en Vigozoo.O proceso de inscrición terá lugar entre o luns e o xoves previo a cada actividade por vía do 010. Terán prioridade os cidadáns empadroados en Vigo.
luns, 8 out 2012
O espazo da concelleria de Xuventude Vigosónico abre o prazo de inscrición para os novos cursos programados para o mes de outubro. As solicitudes faranse a traverso da web, por orde de chegada. Terán prioridade as persoas empadroadas en Vigo e con idades comprendidas entre 13 e 35 anos
luns, 8 out 2012
El espacio de la concelleria de Juventud Vigosónico abre el plazo de inscripción para los nuevos cursos programados para el mes de octubre. Las solicitudes se harán a travers de la web, por orden de llegada. Tendrán prioridad las personas empadronadas en Vigo y con edades comprendidas entre 13 y 35 años