Xuventude
Grupos vigueses trasladan ao alcalde o seu "agrado" polo funcionamento de Vigosónico
xoves, 1 ago 2013Abel Caballero recibiu hoxe xoves a 25 músicos que ensaian na instalación municipal de Vigosónico, en Valladares, que trasladaron ao alcalde a súa "satisfacción" polo funcionamento do recinto, segundo indicou o alcalde. Unha representación destes grupos actuarán nas festas de verán.
O goberno local aforra 35.000 euros anuais co contrato do Servizo de Información Xuvenil
venres, 19 xul 2013Segundo informou este venres Abel Caballero, o goberno local adxudicou hoxe o Servizo de Información Xuvenil, un único contrato para catro anos que engloba os dous anteriores da Casa da Xuventude e Punto Xove, conlevando un aforro anual de 35.000 euros.
O Concello financia unha ludoteca de integración para nenos con parálise cerebral
mércores, 17 xul 2013A Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral porá en marcha unha ludoteca de integración grazas a unha achega municipal de 20.000 euros. Así o ratificaron hoxe mércores o alcalde e o presidente de Apamp, Daniel Varela, coa sinatura dun convenio de colaboración.
O Concello oferta 4.066 prazas en campamentos e ludotecas para os meses de verán
xoves, 23 mai 2013O alcalde presentou esta mañá Verán Xove 2013, a oferta estival de campamentos e ludotecas de verán, que este ano contarán con 4.066 prazas. Co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral e e familiar, este ano amplíanse as datas ata a primeira semana de setembro.
O alcalde avanza un "gran plan" de acción para a mocidade con emprego, ocio e vivenda
venres, 1 mar 2013O rexedor anunciou hoxe venres a "inmiente" presentación dun "gran" plan de actuación integral para a mocidade. Tal e como explicou, incluirá vivenda, emprego, deporte, ocio e cultura, entre outros aspectos.
Accións formativas da Concellería de Medio Ambiente
mércores, 24 out 2012A Concellería de Medio Ambiente inicia este sábado 27 de outubro o seu plan de formación de outono. As accións previstas son cursos básico de hortas urbanas, cursos de iniciación ao voluntariado medioambiental e cursos específicos de voluntariado en Vigozoo.O proceso de inscrición terá lugar entre o luns e o xoves previo a cada actividade por vía do 010. Terán prioridade os cidadáns empadroados en Vigo.
Cursos de outubro Vigosónico
luns, 8 out 2012O espazo da concelleria de Xuventude Vigosónico abre o prazo de inscrición para os novos cursos programados para o mes de outubro. As solicitudes faranse a traverso da web, por orde de chegada. Terán prioridade as persoas empadroadas en Vigo e con idades comprendidas entre 13 e 35 anos