Capoeira, samba, música e defensa persoal

martes, 10 xan 2012

A Concellería de Xuventude organiza unhas xornadas culturais en Vigosónico e no Súbete ó Castro nas que se fará un percorrido pola danza da capoeira e a samba e se ensinarán pasos básicos e a música propia de cada unha delas. Ademáis, dun cursiño de iniciación á defensa persoal.

Concerto, o sábado 17 de decembro, en VigoSónico

martes, 13 dec 2011

O vindeiro sábado, 17 de decembro, ás 19:00h, o espazo xuvenil VigoSónico (Estrada do Portal – Parque Tecnolóxico de Valadares) da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo acollerá o concerto dos grupos Brainwave, Os Narvais e The Riggo's.

Xuventude organiza un Campamento de Nadal

luns, 5 dec 2011

A Concellería de Xuventude abre o prazo de inscrición para participar no Campamento de Nadal os días 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro, e 2, 3, 4, 5 de xaneiro con fin de conciliar a vida laboral e familiar, traballando a interculturalidade cos nenos e nenas, a través das tradicións de Nadal en diferentes países do mundo.

"Un mar de mulleres" exposición no Punto Xove

luns, 5 dec 2011

Un mar de mulleres é un proxecto de divulgación que tenta trasladar a situación da muller no ámbito laboral do mar nas costas da Ría de Aldán, Ría de Vigo e Baixo Miño, e que se pode ver no Punto Xove do 5 ao 23 de decembro do 2011.

Concerto en VigoSónico do grupo de rap "Polos puestos"

venres, 2 dec 2011

O vindeiro sábado, 3 de decembro, ás 20:00h, o espazo xuvenil VigoSónico (Estrada do Portal – Parque Tecnolóxico de Valadares) da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo acollerá o concerto de rap de Polos Opuestos.O concerto é gratuíto e responde aos obxectivos da Concellería de Xuventude de apoiar as iniciativas musicais da mocidade da nosa cidade, aportando para elo salas de ensaio, información, formación e divulgación.

Curso de monitores/as de tempo libre

xoves, 1 dec 2011

A Concellería de Xuventude abre o prazo para inscribirse no curso de monitor/a de actividades de tempo libre, destinado á mocidade de Vigo, con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos. Para poder realizar este curso deberase estar en posesión do título de graduado escolar ou equivalente.

Taller de horta urbana

mércores, 30 nov 2011

A Concellería de Xuventude abre o prazo para a inscrición do obradoiro de horta urbana ecolóxica destinado á mocidade de Vigo ata os 35 anos de idade e con interese neste tema. O obradoiro realizarase nos exteriores da Casa da Xuventude e ten co fin sensilibilizar en materia ambiental e de sustentabilidade.