Escoitar

O Concello oferta 4.066 prazas en campamentos e ludotecas para os meses de verán

O alcalde presentou esta mañá Verán Xove 2013, a oferta estival de campamentos e ludotecas de verán, que este ano contarán con 4.066 prazas. Co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral e e familiar, este ano amplíanse as datas ata a primeira semana de setembro.

xoves, 23 mai 2013
1369313749campamentos.JPG
O Concello ofrece 4.066 prazas de campamentos e ludotecas para os meses de verán, coa novidade de que este ano se amplían ata a primeira semana de setembro, cando aínda non comezou o periodo escolar. Tal e como explicou o rexedor, os prezos son os mesmos que os últimos tres anos e a media de subvención é do 50% de cada praza. O orzamento municipal supera os 115.000 euros, procedentes das concellerías de Xuventude, Participación Cidadá, Deportes e Política de Benestar.

Segundo avanzou o rexedor en rolda de prensa, os obxectivos desta iniciativa son ofertar un tempo de ocio educativo dentro da cidade, facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, ademais de favorecer o emprego, coa contratación de 60 monitores.

E requisito indispensable estar empadroado en Vigo e as inscripcións realizaránse a partir do 3 de xuño, de xeito telemático a través da web www.xuventudevigo.org. Haberá ordenadores e persoal a disposición na Casa da Xuventude e no Punto Xove, ademais dun video tutorial en la web, engadiu o alcalde.

Dentro da programación Verán Xove 2013, existen tres grandes bloques de actividades, empezando polos campamentos urbanos para nenos e nenas de entre 4 e 17 anos que se organizan nas seguintes ubicacións: VigoZoo, pavillón deportivo de Bouzas, complexo deportivo de Samil, CEP Doutor Fleming, Súbete ó Castro, VigoSónico, praias de Bouzas e Alcabre, pavillón de Travesas, Casa da Xuventude, Verbum e centro San Rafael. Este ano, ademais, incorporánse dous novos espazos: o Pavillón e a praia da Etea e a Casa da Xuventude.

Outras novidades nesta edición é a posta en marcha dun campamento específico de inmersión lingüística en inglés no Vigozoo (do 1 ao 14 de xullo), ademais dunha actividade diaria en inglés en todos os demais campamentos. Tamén se organizan actividades de vela, kaiak no Vigozoo e no Verán Náutico na ETEA (Pavillón e praia da Etea).

As ludotecas, espazos lúdico-educativos nos que aprender xogando, estarán habilitadas na Casa da Xuventude, Pabellón de Coia, Colegio A Paz-Tintureira (Coruxo), A.V. Lavadores, Calvario, VigoZoo y Centros Cívicos (Casco Vello, Coruxo, Teis y Saiáns). As idades son de 1 a 13 anos, dependendo do espazos e das súas características. Neste caso as inscripcións non en cada uno dos centros.

Por último, as actividades xuvenís, entre 13 e 35 anos, desenvolveránse nas Illas Cíes (Voluntariado Medioambiental para mayores de 18 años), Castroconciertos, Súbete ó Castro, VigoSónico. A maioría destas actividades, non precisan inscripción e toda a información se publicará na web www.xuventudevigo.org con antelación suficiente.

Políticas de Benestar
Nos meses de xullo e agosto chegará Divírtete no verán para persoas con discapacidade. As ubicacións serán o Verbum e o Centro San Francisco. As idades oscilan entre os 6 e os 30 anos.

O Concello de Vigo tamén organiza actividades estivais desde o deporte e, un ano máis, o Campus Polideportivo Vide acollerá nenos e nenas desde 8 aos 14 anos. A décimo cuarta edición desta iniciativa inclúe modalidades como baloncesto, balonmano, voleibol, fútbol sala, cachibol, kimball....

Outra alternativa nesta mesma área é o XIII Torneo Internacional de fútbol base Vigocup 2013, do 1 ao 7 de xullo, nun horario que vai de 9,00 a 21,00 horas. As incripcións son por equipos na Fundación Vide ata o 31 de maio.
Descargar todas as imaxes