venres, 24 mai 2013
A Xunta de Goberno Local deu luz verde esta mañá á adxudicación definitiva do servizo de limpeza do Concello e do resto de dependencias municipais. O contrato, por catro anos prorrogables outros dous, supón un aforro de 760.000 euros para as arcas municipais.
venres, 24 mai 2013
A Xerencia de Urbanismo celebrada este venres deu luz verde á concesión de 100.000 euros para rehabilitar seis vivendas no Casco Vello e outras sete en Bouzas, nun total de 10 edificios. Por outra banda, a sesión tomou coñecemento do informe técnico municipal sobre o Plan Director de Acuicultura Litoral de Galicia.
venres, 24 mai 2013
Abel Caballero presenciu hoxe venres os actos conmemorativos do Día da Policía Local, que se desenvolveron na Praza do Rei con exhibicións de todas as seccións do Corpo. O alcalde felicitou e agradeceu aos axentes o seu traballo na procura dunha cidade mellor. Durante o evento, recoñeceuse o traballos dos policías que cumpren 25, 30 e 35 anos no corpo, 44, 29 e 6 axentes, respectivamente.
venres, 24 mai 2013
Abel Caballero amosou este venres a súa "gran satisfacción" polas contratacións realizadas pola factoría de Balaídos para reforzar o seu turno de noite, e recordou que o Concello de Vigo e PSA asinaron este ano un convenio de colaboración que permitiu a contratación de 55 persoas, dentro do Plan de Emprego municipal.
venres, 24 mai 2013
Abel Caballero destacou hoxe venres que unha delegación turca de Pendik, un distrito de Estambul de 650.000 habitantes, estivo en Vigo interesada no sistema de recollida de sólidos e limpeza da cidade. Estes responsables políticos, que mantiveron encontros co propio alcalde, os tenente de alcaldes e persoal municipal, "fixeron unha valoración excepcional" do funcionamento deste servizo municipal, "na cidade máis limpa de España, escoba de platino desde hai seis anos", dixo o rexedor.
venres, 24 mai 2013
A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o obradoiro de carácter gratuíto "Xénero e igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Análise dos factores que interveñen na desigualdade".
Concellería Politica de Benestar
venres, 24 mai 2013
O proxecto consiste nun servizo de lecer e respiro familiar de carácter non permanente , dirixido a persoas con discapacidade empadroadas no Concello de Vigo, que se realizará nos mese de xullo e agosto.
CONCELLERÍA DE POLITICA DE BENESTAR
venres, 24 mai 2013
A Concellería de Política Social abre o prazo desta convocatoria dirixida a familias ou coidadores de persoas afectadas por algunha discapacidade entre 3 e 50 anos, que precisen dispoñer puntualmente de tempo libre , as estanzas serán de fin de semán.<br />