Escoitar

Obradoiro de "Xénero e igualdade de oportunidades"

A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o obradoiro de carácter gratuíto "Xénero e igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Análise dos factores que interveñen na desigualdade".

venres, 24 mai 2013
- Dirixido a : todas as persoas interesadas.

- Formadoras: Rosa Faraldo Rivas (Psicóloga)

- Obxectivo: visibilizar e identificar dun xeito práctico as desigualdades de xénero existentes nos distintos ámbitos e esferas das nosas vidas e reflexionar sobre as repercusións e consecuencias que estas diferenzas teñen na vida de mulleres e homes.

- Contidos:
 As manifestacións de desigualdade de xénero na vida cotiá.
 O sistema de relación sexo-xénero. A socialización diferenciada.
 A división sexual do traballo.
 A perspectiva de xénero como instrumento de análise e marco de intervención.
 A violencia de xénero.

- O desenvolvemento do programa constará de 6 horas en total, distribuídas en 2 sesións de 3 horas de duración cada unha.

- Período e horarios: o xoves 6 e o venres 7 de xuño de 18.30 a 21.30 h.
Lugar de realización: Casa das Mulleres, rúa Romil, 20 .
Inscrición previa. Prazas limitadas

- As persoas interesadas deberán inscribirse na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello, ou ben a través do tfno. 986 810 284. Máis información: www.igualdadevigo.org"