Escoitar

Comezo da formación "Cultiva a túa saúde"

A Concellería de Xuventude realizar durante o ano 2019 actividades de dinamización relacionadas coa alimentación e os hábitos saudables, acompañadas de breves sesións formativas no que as/os participantes aprenden os fundamentos para a súa aplicación durante as actividades propostas e con aplicación nas súas vidas diarias.

martes, 26 feb 2019
1551187018huerto.jpg
A primeira das actividades desenvolverase na Casa da Xuventude do 11 ao 15 de abril , os luns de 17 a 19 horas e mércores de 11 a 13h Apúntate ata o 8 de marzo chamando ao 986.294806 ou enviando un correo electrónico a xuventude@vigo.orgmércores de 11 a 13hs

As áreas temáticas a abordar son:
- Sensibilización e coñecementos teórico-prácticos sobre a necesidade de cultivar e conservar a nosa saúde a través dunha alimentación ecolóxica, san e equilibrada. Para isto aportaranse coñecementos teóricos básicos e realizaranse diferentes dinámicas que leven a reflexionar sobre o que comemos e a nosa saúde, o valor nutritivo dos alimentos, como conseguir levar á mesa alimentos frescos, nutritivos e libre de tóxicos. Tamén se realizarán diferentes prácticas de cultivo de alimentos ecolóxicos e cheos de nutrientes.
- Coñecemento e elaboración de estruturas de cultivo para poder colocar nas casas das
persoas participantes.
- Achega das plantas aromáticas e das plantas silvestres á nosa alimentación. Coñecementos teóricos e elaboración de receitas.
- Elaboración dunha despensa san e nutritiva..
- Aproveitamento das sementes e dos excedentes para a elaboración de conservas e outras presentacións sans e nutritivas.
Descargar todas as imaxes