mércores, 27 feb 2019
O edil Carlos López Font defendeu a necesidade de prazas de aparcamento de balde, tras a negativa da Xunta á petición de cesión da parcela e tras a inauguración do aparcamento municipal con capacidade para 400 coches. O Pleno tamén deu luz verde á moción do grupo popular que pide promover 4.000 prazas de aparcadoiro na cidade.
mércores, 27 feb 2019
O alcalde de Vigo cualificou esta mañá de "magnífico" o Entroido de 2019, con grandes concertos -Chenoa, Sidecars, Toni Lomba & Elio dos Santos e Herdeiros da Crus-, ademais de actividades diarias para público de todas as idades. O sábado será o día do desfile de comparsas e o luns todos aqueles que o desexen poderán participar no concurso de disfraces que se organizará diante do MARCO.
mércores, 27 feb 2019
O alcalde resaltou hoxe mércores a importancia de que o Goberno local estea a humanizar 50 rúas de diferentes parroquias ao mesmo tempo. Unha quenda de melloras ás que tamén se suma as actuacións que se desenvolven nas rúas Aragón e Gregorio Espino.
mércores, 27 feb 2019
A moción solicitando que o Plan Estratéxico da Automoción recolla programas específicos e dote de solo industrial á cidade saíu adiante cos votos a favor do grupo municipal socialista. Tamén aprobouse outra proposta do PSOE para conexión ferroviaria do Corredor Atlántico.
mércores, 27 feb 2019
A moción, presentada por Marea de Vigo, insta ao Goberno autonómico a limitar a apertura das casas de apostas físicas e ao Goberno do Estado a regular a publicidade desta actividade para protexer ao público infantil e xuvenil.
mércores, 27 feb 2019
A liquidación da concesionaria do Auditorio foi abonada con cargo aos remanentes do Concello, é un gasto "conxuntural" e polo tanto o PEF non presenta "medidas nin custe adicionais" para a cidadanía. Explicouno ante o Pleno o edil de Facenda, quen atribuíu a indemnización á "herdanza" recibida, xa que esta concesión data de 2006.