venres, 1 mar 2019
O alcalde presenciou esta mañá o inicio da humanización da Travesía de Escolas Públicas, unha rúa na que vive xente traballadora e que levaba moito tempo abandonada". O proxecto prevé a renovación de redes, pavimento e mobiliario urbano, cumprindo os maiores niveis de calidade.
venres, 1 mar 2019
O macroparque infantil de Navia xa está operativo para os menores de seis anos, segundo comprobou esta tarde o rexedor durante unha visita. En apenas unhas semanas estará en funcionamento toda a área de recreo, que se sumará á zona deportiva e de descanso, que xa están abertas ao público.
venres, 1 mar 2019
Baixo o lema "Loita Feminista. Vivas. Libres. Unidas", o Concello organiza actividades en distintos puntos da cidade co obxectivo de dar visibilidade á muller e de loitar xunto con toda sociedade pola igualdade de dereitos en tódolos ámbitos.
venres, 1 mar 2019
O alcalde, invitado por ambos centros educativos, tomou parte nos actos organizados polos dous colexios. O Mariano, nas súas instalacións, apoiando a candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade que promove o Concello, mentres que o Salesianos, con música incluída, trasladou o festexo á Praza do Rei. Abel Caballero felicitou aos responsables e o alumnado de ambos colexios polas iniciativas.