xoves, 28 febreiro 2019

O MARCO acollerá entre maio e setembro obras de Picasso, Magritte, Tàpies ou Chillida

xoves, 28 feb 2019

O alcalde asinou este xoves un convenio coa Fundación Telefónica para que o céntrico museo vigués acolla algunhas das mostras itinerantes da entidade. Segundo confirmou Abel Caballero, a primeira será "Destacados. Colección Telefónica", por primeira vez en Galicia, con máis de 150 obras en papel, pintura e escultura que debullan unha panorámica dalgúns dos capítulos máis interesantes da arte do século vinte.