Escoitar

O Concello humaniza ao mesmo tempo 50 rúas do rural "a maior cantidade de actuacións conxuntas da historia"

O alcalde resaltou hoxe mércores a importancia de que o Goberno local estea a humanizar 50 rúas de diferentes parroquias ao mesmo tempo. Unha quenda de melloras ás que tamén se suma as actuacións que se desenvolven nas rúas Aragón e Gregorio Espino.

mércores, 27 feb 2019
1551291422aragon.JPG
O Concello está a desenvolver nestes momentos a "maior cantidade de humanizacións conxuntas que se fixeron nunha na historia do rural de Vigo", con 50 actuacións en marcha. A estes traballos súmanse as humanizacións que se están a acometer nas rúas Aragón e Gregorio Espino, que esta tarde foron visitadas polo alcalde.

En Aragón, o Concello está a desenvolver na quinta fase -entre Travesía de Vigo e Padre Celso -, cun importe dun millón de euros. Esta cifra se eleva aos 6,8 millóns de euros se falamos do que se investiu na humanización de toda a rúa. Os traballos que se están a realizar na terceira fase de Gregorio Espino -entre as rúas Urzáiz e Jenaro de la Fuente, e tamén entre San Roque e as rúas Aguia e Reiseñor. O importe destas obras elévase á 1,4 millóns mentres que o conxunto da rúa supera os 2,3 millóns.
Descargar todas as imaxes