O grupo Tinta presenta o seu novo videoclip gravado como premio do "Vigo en Vivo"
Abel Caballero asistiu este xoves no Concello de Vigo á presentación oficial do novo videoclip do grupo vigués Tinta, gravado como premio por ser o gañador do concurso musical "Vigo en vivo". O alcalde presenciou a interpretación do tema e animou aos compoñentes de Tinta a continuar adiante e augurou un "futuro prometedor" á xove banda viguesa.
O grupo vigués Tinta presentou este xoves o seu novo videoclip gravado en Vigosónico como gañador do concurso musical "Vigo en vivo", celebrado durante o mes de setembro e coa gala final en outubro na Praza da Constitución.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presenciou en rolda de prensa a interpretación en directo por parte dos compoñentes da banda (Lucía, Marta, Juan e Martín), así como a proxección do clip. O rexedor animou ao grupo vigués a seguir adiante coa súa carreira musical e augurou que terán "un futuro prometedor".
O Concello de Vigo celebrou entre setembro e outubro o certame musical que acolleu a actuacións dun total de 14 grupos locais no Casco Vello. O obxectivo do concurso foi fomentar a creación musical e premiar o espírito creativo por parte de bandas sen disco propio e sen espazos.
Nos concertos celebrados durante a primeira fase do concurso "Vigo en Vivo" participaron os grupos Rusty Bones, Tai G, María Canosa, Tinta, Lyer & Dj Mirage, Dioivo, Durplefly, Blue Sunflowers, Marlowe, Ronseya, Grupo NÓS, Ensamble Verxel, Keren Hapuc e Ash Santos.
O Concello concedeu tres premios aos gañadores. O primeiro foi para Tinta, o que lle permitiu gravar 3 maquetas en Vigosónico e realizar un videoclip do tema que elixan; o segundo premio levouno Marlowe, que gravou dúas maquetas en Vigosónico, e o terceiro para Tai G, co premio da gravación dunha maqueta.
Descargar todas as imaxes