venres, 20 decembro 2019

O MARCO ofrece obradoiros de Nadal para público infantil e familiar

venres, 20 dec 2019

O Concello amplía a oferta lúdica e formativa de Nadal para as dúas semanas non lectivas. Segundo explicou Abel Caballero, o MARCO organiza obradoiros infantís de Nadal do 26 ao 28 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro, de 12 a 14h, para maiores de tres anos. A entrada, libre e gratuíta ata completar aforo.

O rexedor celebra o Nadal co alumnado do CEIP Javier Sensat

venres, 20 dec 2019

Abel Caballero asistiu este venres ao festival de Nadal do CEIP Plurilingüe Javier Sensat aproveitando a visita para felicitarlle as festas navideñas aos estudantes e ao profesorado. Amais o alcalde tivo a oportunidade de sumarse á celebración das badaladas organizadas polo centro para nenos e maiores.