O MARCO ofrece obradoiros de Nadal para público infantil e familiar
O Concello amplía a oferta lúdica e formativa de Nadal para as dúas semanas non lectivas. Segundo explicou Abel Caballero, o MARCO organiza obradoiros infantís de Nadal do 26 ao 28 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro, de 12 a 14h, para maiores de tres anos. A entrada, libre e gratuíta ata completar aforo.
Os obradoiros están dirixidos ao público infantil e familiar, para nenos e nenas desde os tres anos, e terán lugar no primeiro andar do céntrico museo, no Laboratorio das Artes do MARCO.
A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo, cun máximo de corenta participantes por sesión. Os nenos poden quedar sós ou cos adultos, se queren participar nas actividades organizadas. Os obradoiros, de 12 a 14h, os días 26, 27 e 28 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro.