xoves, 19 decembro 2019

O Concello organiza un "fantástico concerto" de Nadal este venres na Concatedral

xoves, 19 dec 2019

O alcalde convida a toda a cidade a presenciar mañá venres o recital de Nadal que ofrecen o organista Joao Santos e o contratenor Paulo Ferreira na Concatedral de Santa María onde xa actuaron o ano pasado con gran éxito. Abel Caballero avanzou que o concerto é "fantástico" e que "o órgano soa marabillosamente ben logo da rehabilitación financiada polo goberno municipal" que se estreou o ano pasado. A cita celébrase mañá ás 20:30 horas con entrada de balde ata completar o aforo.

Caballero celebra "a gran mobilización" do Torneo de Nadal de fútbol 8 "cando Vigo é lugar de atención de todo o mundo"

xoves, 19 dec 2019

Un total de 118 equipos de 36 clubs disputarán este torneo, fundamentalmente vigués (27 clubs) pero que tamén convoca nas súas cinco categorías (prebenxamín, benxamín, alevín e feminino en fútbol 8 e infantil en fútbol 11) a equipos de Monçao (Portugal), Val Miñor, O Porriño, Ponteareas e Cangas, ademais do Deportivo, Lugo, Ponte Ourense e Oporto para o Super 6 alevín do sábado 28.