Caballero eloxia a iniciativa dos taxistas de trasladar a 180 persoas maiores a gozar das luces de Nadal
O próximo 23 de decembro o colectivo de taxistas volverá poñer en marcha "unha gran iniciativa solidaria" que permitirá a 180 persoas maiores gozar das luces de Nadal. Serán 50 os vehículos que participarán nunha marcha que este ano alcanza a súa terceira edición.
Por terceiro ano consecutivo, o colectivo de taxistas de Vigo fará posible que 180 persoas maiores de todas as residencias xeriátricas da cidade poidan gozar das luces de Nadal. Cincuenta vehículos trasladarán aos maiores e a unha vintena de coidadores para facer un percorrido por todas as rúas do centro.
Será o próximo 23 de decembro cando se leve a cabo esta caravana solidaria que fará especial fincapé en zonas destacadas como a noria e o mercadiño da Alameda, para rematar na Porta do Sol, onde serán recibidos polo alcalde. En rolda de prensa, o rexedor felicitou aos promotores polo "voso empeño e cooperación coa cidade" ao tempo que lles agradeceu o "bo" servizo de taxi que ofertan aos cidadáns. Na presentación tamén estiveron presentes representantes de Radio Taxi, co presidente, Manuel Chorén, á cabeza.
Descargar todas as imaxes