Escoitar

O goberno de Vigo adxudica as 3.478 prazas de campamentos de verán

A oferta municipal para este verán suma 1.110 prazas máis que o anterior cun orzamento de 335.900 euros. Recibíronse 5.174 solicitudes para participar nestas actividades de verán.

martes, 7 xuñ 2022
Imaxe de arquivo dunha visita do alcalde a un campamento municipal nas Travesas
Imaxe de arquivo dunha visita do alcalde a un campamento municipal nas Travesas

O alcalde deu conta este martes en rolda de prensa do procedemento de adxudicación das 3.478 prazas para o programa municipal “Verán Xove 2022” que deu un paso máis este 6 de xuño co sorteo das prazas dispoñibles para as nenas e nenos nacidos entre 2005 e 2018.

O Concello recibiu 5.174 solicitudes de familias viguesas e, unha vez adxudicadas as prazas, poderá formalizarse a inscrición ata o 10 de xuño, de forma telemática, a través da web xuventudevigo.org. A partir do 13 de xuño, publicaranse as prazas que queden vacantes para a segunda adxudicación.

O programa municipal de campamentos de verán ten un orzamento de 335.900 euros, 109.000 máis que na edición de 2021, e incrementou en 1.110 prazas a oferta do ano pasado dada a suba da demanda.

 

 

 

Descargar todas as imaxes